‘Sol e Lúa’ é unha comedia romántica rodada entre Galicia e a República Dominicana que ten a emigración como pedra angular. Santiago de Compostela é o principal escenario do filme, aínda que tamén Valdoviño, Santo Domingo e Punta Cana. Os protagonistas son   Nerea Barros e Frank Perozo.O seu director, José Pintor ‘Pinky’, é un galego que leva máis de dúas décadas residindo en terras dominicanas, onde é unha referencia do cinema comercial. Coa idea na mente durante anos, fixo esta coprodución con Ézaro Films, entre os seus países de orixe e de adopción.Neste  Clac afondamos en ‘Sol e Lúa’ co seu produtor, Ángel de la Cruz, e o actor Manuel Manquiña.