Xacio Baño é un dos directores máis prometedores do cinema galego. Leva ás súas costas unha década de curtametraxes premiadas en festivais internacionais, como o Locarno e Clermont-Ferrand.Neste Clac coñecemos o seu traballo con Trote, que obtivo cinco premios Mestre Mateo, é a súa única longametraxe, ambientada nunha rapa das bestas no verán de 2017.Cóntano o seu director, Xacio Baño, e o coguionista Diego Ameixeiras.