LEÓN E OLVIDO é a crónica das dificultades cotiás de dous irmáns xemelgos, unidos pola dependencia afectiva pero separados polo cromosoma 21. León ten a síndrome de Down e depende da súa irmá para sobrevivir. Na película, o actor Guillém Jiménez interpretou ao primeiro protagonista con Down da historia dos cinemas español e galego. A actriz de Vigo Marta Larralde fixo un papel soberbio encarnando a súa irmá.Quince anos despois, Marta e Guillém protagonizaron a segunda parte dunha historia que aínda tiña moito que ofrecer sobre o discorrer da vida dos dous irmáns. Olvido e León estreouse  xusto uns días despois da morte de Guillén. Neste Clac analízase a película co seu director, Xavier Bermúdez e Coché Villanueva,  que lle fixo a banda sonora.