Este Clac afonda nos significados de Little Galicia co director Alber Ponte e o actor Fran Grela.Little Galicia é unha comedia divertida, ambientada na contorna da comunidade galega de Newark, unha pequena Galicia. É un filme dirixido por Alber Ponte, o director en activo máis prolífico do cinema galego, con récord en obras audiovisuais, con cinco longametraxes e oitenta curtas. Conta ademais con numerosos premios en prestixiosos festivais, coma o de Clermont-Ferrand.