Neste Clac presentase a única longometraxe de ficción infantil–xuvenil producida en Galicia, coa excepción de filmes de animación. 'A Casa da Luz' rodouse en 2008, inspirada na novela do mesmo nome do falecido escritor Xabier Docampo.É unha película que provoca unha reflexión sobre o poder da imaxinación na procura do coñecemento. Falan do filme 'A casa da luz' o director, Carlos Amil, e o produtor Xosé Cabanas Cao.