‘Un conto para Olivia’ é un filme de 2007 que relata a historia dunha nena suramericana adoptada por unha parella galega. A directora é Manane Rodríguez, unha uruguaia que fai cine en Galicia desde hai quince anos.Forma parte da produtora Xamalú, fundada nos anos noventa, e coparticipada polo cineasta ourensán Xabier Bermúdez.Neste en Clac falan de  ‘Un conto para Olivia’ a súa directora, Manane Rodríguez, e o actor Manuel Cortés.