Alfonso Zarauza é un director destacado da cinematografía galega. A súa primeira longa, A noite que deixou de chover, ten algo máis dunha ducia de anos, e a última, Ons, estivo nos cines hai uns meses.Os Fenómenos é o filme que se presenta  neste Clac.É a súa segunda longrametraxe, que levou os premios Mestre Mateo á mellor película, mellor guión e mellor director. Unha historia que conta como unha muller, Lola Dueñas, se integra no sector da construción, como peón de obra, baixo as ordes do capataz que encarna Miguel de Lira. Contan neste Clac os significados de Os Fenómenos o director, Alfonso Zarauza, e o actor Miguel de Lira.