A estas alturas, sabemos que o coche de Raúl non funciona con gasolina senón con autosuficiencia. Tamén sabemos que Raúl sempre se xactou de ser un vendedor infalible. Anos atrás, mesmo se dignaba dar clases aos que se iniciaban no mundo da venda de pequeno electrodoméstico a domicilio. Pero, en ocasións, o aprendiz remata por superar o seu mestre. Xacobe, un antigo aprendiz, hoxe mestre, chegará á Rúa dás Zocas cargado de optimismo,amabilidade e grandes ofertas... Duelo de titáns de autoestimas desmedidas. Raúl non tardará en caer nas redes do seu antigo compañeiro e as consecuencias, para non variar, sufriraas Chelo. Unha conta bancaria en números vermellos fará que a peiteadora se teña que reformular o funcionamento do seu negocio. Para pavor de Rita, chegou a hora de recortar gastos no salón de beleza. Que se se gasta demasiado papel de aluminio, que se se malgasta produto... Será unha cuestión de exceso de persoal? Se é así, o que Rita ten moi claro é que ela é a menos prescindibl