A valiosa axenda de Raúl. Chegou o momento de que Chelo asuma a súa separación de Raúl pero, para iso, debe superar, unha a unha, as cinco fases do duelo: Negación, ira, negociación, dor e aceptación. Menos mal que para iso conta coa axuda das súas amigas... e en especial de Lola. O cal, máis que axuda, é condena. Pero o destino, e o seu particular sentido do humor, quere que ambas as dúas mulleres encontren, nun rexistro domiciliario, un valioso tesouro: a axenda telefónicade Raúl, con información detallada de todas e cada unha das súas amantes. E mentres Chelo e Lola planean a súa vinganza, a doce Noe busca canguro para a súa mascota. Leo, un pequeno hámster, é o mellor amigo da aprendiz de peiteadora. Unha visita familiar fará que a moza busque un fogar provisional para o seu roedor. Ante a negativa de Rita, non lle quedará máis remedio que deixalo a cargo de Chelo... Pero, tendo en conta os numerosos antecedentes "mascoticidas" de Chelo, como levará o pequeno Leo a súa estanza na c