Serafín, estilista de moda. Raúl decidiu non perder o tempo e coquetea alegremente diante de toda a veciñanza. Xa non hai muller que escape aos ataques do galán da Rúa dás Zocas. A situación está a minar a moral de Chelo, que ten pesadelos co seu ex noite tras noite. A peiteadora tomará unha determinación: Pasar ela tamén a acción e lanzarse ao mundo da noite da man da súa amiga Lola. Pero a peiteadora non tardará moito en decatarse na barra dun bar de que non via encontrar o quebusca. Internet será a solución. Mentres tanto, unha nova batalla líbrase na veciñanza. Un reto entre Ciriaco e Rita fará que esta pase unha tempada demostrando a súa valía no taller de motos do pai de Chelo. A cambio, a peiteadora gozará dos servizos dun marabilloso estilista chamado Serafín.