Dende moi pequeno, Lucas viu frustradas as súas relacións amorosas pola entrada en escena do seu avó, Ciriaco. Pero agora Lucas está disposto a romper a maldición con Victoria, a súa nova noiva. A que non parece estar nada de acordo coa nova situación é Lola que, como o can do campesiño que nin come nin deixa comer, intentará por todos os medios acabar coa relación. PeroVictoria, inaccesible ao desalento, non llo poñerá nada doado á avogada. Non obstante e por estraño que pareza, non hai indicios de que Ciriaco vaia estragar esta relación, pois un accidente o manterá fóra de combate durante unha tempada. O problema esta vez será para Chelo que, por prescrición médica, se verá obrigada a finxir unha vida feliz ao lado do seu ex marido, todo o que sexa necesario para non alterar a Ciriaco e axudar á súa pronta recuperación. Unha situación ideal para Raúl e a escusa perfecta para Lola, que se verá "obrigada" a mudarse á casa de Lucas, trincheira perfecta dende a que detonar a relación ent