O patético intento de suicido de Raúl.Chelo trata de explicar a Noe en que consiste a teoría do "efecto bolboreta", esa que di que as consecuencias dun pequeno acto poden chegar a ser descomunais, cando e como menos esperamos. E coma se dunha ilustración da devandita teoría se tratase, o pobre Lucas, por unha serie de azares do destino, sofre unha estraña caída en plena rúa, que o obriga a coller unha baixa laboral. Si. Os strippers tamén teñen dereitos laborais.Ante a imposibilidade de atender aos seus compromisos profesionais e a falta dun substituto que o faga, a Lucas non lle quedará máis remedio que contar coa axuda do seu pai. Pero a súa actuación será todo un fracaso e Raúl caerá na conta de algo: cos anos, perdeu parte do seu atractivo. O descolgamento de carnes. Xa se sabe.Deprimido, decidirá poñerse en forma para recuperar o seu natural sex appeal. Pero o exercicio en mans inexpertas pode levar consigo riscos. Unha serie de circunstancias que rematan nun inusitado accidente f