A historia de amor de Yoli e Jose é a historia dun frechazo. Un San Froilán uniu as súas vidas cun choque casual. Das desculpas pasaron a unha conversa que os levaría a ser amigos. A amizade tornouse ao pouco tempo en amor, un amor que non sempre foi doado de levar. Os dous defendían a súa historia a capa e espada e Jose encaixou ao momento coas fillas de Yoli. As miradas entre os dous son tan especiais que agora celebran o seu enlace cunha voda folk. A celebración será unha auténtica festa galega para todos e os espectadores da Televisión de Galicia están convidados.