O destino quixo que Vita, unha rapaza letoa, e Tino, un mozo de Poio, quedaran unidos nada máis coñecerse. O amor revolucionou as súas vidas: só uns meses despois, casaron en Riga, cunha cerimonia cen por cento eslava. Ao ano de se coñeceren, Vita decidiu deixar atrás Letonia, a súa familia e a súa exitosa carreira musical para comezar da man de Tino unha vida tranquila en Raxó.  O espazo da TVG acompañaraa hoxe cumprir outro dos seus soños: conseguir a súa propia voda galega. No seu enlace non faltará de nada: vestidos fabulosos, amores de película e un pazo de conto de fadas.