Un encontro durante o ensaio dunha orquestra cambiou a vida de Vanessa e Javier para sempre. Desde o primeiro momento, ela tivo claro que o cantante de Muxía era o home da súa vida e loitou para conseguilo. Superados moitos obstáculos, a parella está hoxe máis unida ca nunca, polo que decidiu renovar os seus votos matrimoniais no programa da Televisión de Galicia “Casamos!”, tras cinco anos de amor.