No amor, coma na vida, as apariencias enganan. Este é o caso de Vanesa e Álex, a parella desta noite. Ninguén apostaba pola súa historia porque… que ían ter en común unha militar e un gaiteiro? Cando superaron os prexuízos, decidiron ir a por todas e selaron o seu amor no programa “Luar”. Neste 'Casamos!' queren escribir o seguinte capítulo da súa historia na Televisión de Galicia e por iso casan diante das cámaras do programa, cun enlace moi folclórico en Tui, onde non faltará a música, o baile e moita emoción.