Os espectadores coñecerán a Vane e a Feli; ela namorouse del, o mellor amigo do seu irmán, e aos 18 anos conseguiu o seu primeiro bico.  Dende entón esta historia continúa e pronto iniciaron unha vida xuntos. Os inicios estaban cheos de amor e ilusión pero os problemas apareceron sen avisar: a enfermidade de ósos de Feli e o falecemento do pai sumírono nunha profunda depresión da que só puido saír grazas ao amor incondicional da súa moza.