A parella coñeceuse hai dous anos no Perú e José pronto quedou seducido pola beleza e o espírito decidido dela. Mais Úrsula non llo puxo nada fácil e tivo que afrontar moitos retos para conseguir o seu amor. Despois de moitas citas, algún que outro baile e a maxia de Cuzco, ambos coincidiron en que o seu era para sempre. En menos de medio ano, Úrsula decidiu apostar todo por esta relación e deixou a súa Lima natal para comezar unha nova vida na cidade de Vigo