Teresa e José Luis levan toda unha vida de amor incondicional. Coñecéronse sendo os dous moi novos e desde o momento en que as súas vidas se cruzaron xa non volveron separarse. Ao pouco de comezaren a saír decidiron casar e formar unha familia. A parella permaneceu sempre unida, mesmo nos momentos máis difíciles, cando lle detectaron unha enfermidade ao home. Teresa e José Luis van facer 40 anos xuntos e están decididos a renovar o seu matrimonio coincidindo co sacramento da súa parroquia de Santa Cruz de Castrelo, en Cambados. Con eles, outras parellas tamén están decididas a renovar seus compromisos.  A imparable Teresa apura estes días os preparativos dunha voda que parecía sinxela pero na que non falta detalle: alfombra floral, baile e ata banda de música!  Unha voda por todo o alto á que non poden faltar os seus seres máis queridos, que festexarán con eles a súa inesquecible historia de amor.