Estes dous bergantiñáns comezaron a súa relación hai once anos, pero non foi ata o nacemento da súa filla Antía cando decidiron vivir xuntos. A súa vida non foi un camiño de rosas. A perda da visión do ollo dereito de David e a morte da nai de Sheila uniunos ata facelos case inseparables. Despois de tanto tempo sendo noivos, era de esperar que algún día se decidisen por casar e agora preparan xuntos a voda dos seus soños.