A historia de Mariela e Eduardo é de película: Mariela viaxou dende Arxentina á Costa da Morte para coñecer a terra onde naceu o seu pai. En Cee coñeceu a Eduardo, o seu namorado, e  despois de 20 días pasaron polo altar. Decidiron instalar o seu niño de amor en Galicia e comezar unha vida xuntos. Aínda que nos seus comezos poucos daban un peso pola súa relación, agora queren celebrar os seus 17 anos de amor.