Os seus destinos cruzáronse hai un ano e, aínda que as primeiras citas foron ás agachadas, axiña se decataron de que estaban feitos o un para o outro. En só uns meses, e seguindo coa tradición xitana, Richard decidiu facer a presentación oficial das familias. O enlace seguirá tamén os preceptos que marca o costume xitano: a noiva deixará a súa familia en Lugo para trasladarse á casa do noivo na Coruña.