Laura e Adrián son moi diferentes, o que os converte nunha parella que se complementa moi ben. Ela é de Camariñas e el da Arxentina. Ao pouco de facerse parella decidiron emigrar a Suíza para comezar unha nova vida. Non obstante, unha vez alí enfrontáronse a dificultades laborais e vitais. O mellor daquela época foi o nacemento de seu fillo Luca. Malia a que as familias dos dous non o crían necesario, Laura e Adrián decidiron casar e agora están moi ilusionados. Para celebrar a unión, ambos deixan Suíza e regresan á terra de Laura, a Camariñas.