Juan chegou á vida de Jessica para revolucionala completamente. Coñecéronse hai 6 meses a través de Internet e só precisaron unha semana para decatarse que o seu era para sempre. Ao comezo, a relación non contou coa aprobación agardada, xa que Jessi ía casar con outro home e tiveron que facer fronte a moitos murmurios e rexoubas. Porén,  Jessi deixouse levar polo seu corazón e finalmente trunfou o amor. A parella apoiouse mutuamente, e tamén empresarialmente, xa que mesmo decidiron abrir un local de tapas, un vello soño dos dous.