Hai amores que se cociñan a lume lento, coma nas mellores telenovelas, e así é o amor dos protagonistas desta noite. Moisés namorou de Feli nada máis coñecela no colexio, hai case 50 anos, en Vilalba. Con só 5 anos pediulle matrimonio, de rapaz mandáballe cartas de amor, pero tardou 50 anos en conseguir o seu primeiro bico. A súa será unha voda ben romántica, con moitas emocións e sorpresas para todos os convidados.