Ángeles era unha muller separada, Miguel un home viúvo, e as súas vidas cruzáronse cando buscaban xente coa que saír. O que comezou coma unha amizade foi converténdose en algo ben distinto, e sen decatárense atoparon no outro o agarimo que precisaban. A pesar das dificultades dos inicios por mor das faladurías, Ángeles e Miguel seguiron adiante, confiaron no seu amor e hoxe son unha parella sólida.