Novo capítulo da segunda temporada da comedia costumista "Casa Manola" que amosa as aventuras e desventuras dos personaxes que pululan por esta singular casa de turismo rural protagonizada polos actores María Costas, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Isabel Blanco. No presente episodio Sindo esíxelle a Nacho unha compensación económica por ter incendiado o seu bar. A única forma de recadar cartos que se lles ocorre é elaborar un calendario erótico entre os veciños da vila, pero non todos están dispostos a participar nunha iniciativa solidaria deste tipo. Por outra parte, o amor da adolescencia de Barrantes quere ter unha cita con el e iso obrígao a desprazarse á cidade, onde decide modernizar o seu aspecto para resultar máis sedutor.