No primeiro capítulo da segunda temprada, Agustín, o pai de Vero, mercou unha adega preto da casa de turismo rural e todos os veciños queren tirar proveito do novo negocio. Manola está convencida de que o seu fillo debe formar parte desa empresa familiar, pero, por desgraza, o sogro non ten en moita estima a Nacho, que, para congraciarse con el, ten que ir ao monte a apañar cogomelos. Isto causa unha intoxicación con efectos alucinóxenos que provocará o caos durante a inauguración da adega.