Vero decide buscar un traballo lonxe da súa sogra despois de ver como esta sabota todas as súas iniciativas para mellorar o negocio.  Pero Manola non parece moi interesada nestas liortas domésticas, xa que está demasiado preocupada polo hóspede que se lle vai meter na casa: nada menos que o home que lle rompeu o corazón cando era unha rapaza. Mentres tanto, Nacho e Barrantes tratan de poñer en marcha unha ruta de sendeirismo que sirva para atraer novos clientes á casa de turismo rural, pero non semella doado que se poñan de acordo.