Raimundo Montoya “El Percebe”, un famoso cantador flamenco, habitual das revistas do corazón polas súas aventuras sentimentais, está a facer o Camiño de Santiago para promover o seu novo disco. Ao aloxarse en Casa Manola, Fanny non pode evitar sentirse atraída polo carismático personaxe, sen decatarse do asombroso parecido físico que este garda co seu pai, o que dá pé a comprometidas situacións.Durante a estadía do cantador, Sindo convéncese de que tamén ten “duende” e non dubida en mover os seus contactos para dar un concerto xunto a un artista de nivel: Cañita Brava.Mentres tanto, Nacho trata de afastar a súa nai de Cabanés anotándoa en actividades para a terceira idade no centro social da vila. Alí non tardan en aparecer novos perigos, como Edelmiro, que só vai ás clases de bailes de salón para seducir viúvas.