Vero está moi emocionada coa organización do seu primeiro evento en Casa Manola. Trátase da voda de Susana, unha amiga súa de cando eran cativas. Vero quere que todo saia á perfección, pero para iso necesita a axuda da súa familia. A sogra encargarase do menú e o seu home de facer a limpeza. Mentres tanto, Barrantes terá que ter entretido un inoportuno hóspede: un urbanita que quere facer agroturismo para entrar en contacto coa terra e coñecer a vida no campo. A pesar dos esforzos de Vero, nada resulta como ela desexaba.