Nacho quere acabar coa relación amorosa entre a súa nai e o seu sogro, antes de que a súa muller os descubra e iso bote a perder o seu matrimonio. Para conseguilo, segue os consellos de Sindo, o seu asesor matrimonial persoal, e contrata ao doutor Garibaldi, un mestre da seducción a quen lle pide que se ocupe de Manola. Mentres tanto, Vero cre que xa non esperta interese no seu home e comeza a buscar atencións fóra do fogar.