Vai dar comezo a Copa da Costa, pero o Marítimo do Portiño, o equipo de fútbol da vila, non ten xente para facerlle fronte ao seu eterno rival: o Olímpico de Pumariño. A situación é tan mala que Barrantes ten que tomar o control do club para evitar a súa desaparición. Mentres tanto, Vero recibe a visita da súa nai, convencida de que o seu home ten como amante unha rapaza moi nova.