Casa Manola recibe un hóspede moi especial: Inés, a irmá de Vero. Entre ambas as dúas sempre houbo moita rivalidade. Ademais, Nacho ten unha relación complicada coa súa cuñada, pois foron mozos antes de casar coa que hoxe é a súa esposa. Manola e Agustín, os pais de ambos, en vez de calmar os ánimos non fan máis que provocar conflitos entre as dúas familias. Durante esta temporada Manola vivirá unha tensa relación co seu consogro.