As instalacións de turismo rural de "Casa Manola" reciben no presente episodio máis turistas ca nunca debido á repercusión mediática que tivo o caso de Fidel, o home que se botou ao monte para vivir entre lobos. Semellante e misterioso caso, que lembra as historias da Galicia profunda e os contos de lareira, trae de cabeza os inquilinos da casa. Por se fora pouco, outra lea: para librar a Manola de Agustín e que Nacho recupere a súa muller, só teñen que conseguir que os pais de Vero volvan estar xuntos. O problema é que durante a ausencia de Vero o seu home coñeceu a Saray, unha rapaza encantadora.