A primeira parada é en Casa Amador, que abriu como taberna, hai máis de cen anos, a avoa de Javier, o actual propietario. Anos despois, os seus fillos comezaron a dar tapas, tortillas e pratos por encarga, ata converterse na casa de comidas que se mantén desde entón. Na súa cociña destaca o xarrete, o pito guisado, o año, o cocido e o bacallau. O programa tamén entra no Mesón Pontenova, de Samos. O seu actual responsable, Amadeo, fillo da fundadora, segue á fronte do negocio acompañado pola súa muller, fillo e xenro. Os seus pratos principais son as troitas, as anguias, as carnes á brasa, o cocido e os polos campeiros. O restaurante Manolito da Coruña foi fundado polo pai de quen está agora liderando este local, que, pese as reformas acometidas na decoración, segue a conservar un ambiente propio daqueles lugares que se caracterizan pola cociña caseira. Entre os seus pratos destacan os guisos, diferentes pratos de culler e os peixes. Por último, a Casa Inés, en Cotobade, que se fundo