Cantas ou non? segue co seu escenario itinerante instalado en Santa Comba, onde seis concursantes, acompañados polos presentadores Fran Cañotas e Noelia Rey, buscarán ser os mellores cantantes de karaoke para conseguir unha praza na final semanal. No penúltimo programa da semana veñen concursar desde Braga (Portugal), Luis Santos; de A Coruña, Nuria Leiro; desde Bergondo, Patricia Santiso; de Ferrol, Carla Romalde; desde Marín, Manuel Juncal; e de Padrón, Lucía Rabuñal. Quen conseguirá pasar á final do venres? A verbena pona este ano Cantas ou non?, con tanta distancia de seguridade coma divertimento asegurado. A que soa ben?