Cantas ou non? segue co seu escenario itinerante instalado en Ribadavia, onde seis concursantes, acompañados polos presentadores Fran Cañotas e Noelia Rey, buscarán ser os mellores cantantes de karaoke para conseguir unha praza na final semanal. No penúltimo programa da semana veñen concursar desde Ribadavia, Manuel; de Porriño, María; desde Vigo, Berenice; e desde Ourense, Adrián, Lúa e Ángela. Quen conseguirá pasar á final do venres? A verbena pona este ano Cantas ou non?, con tanta distancia de seguridade coma divertimento asegurado. A que soa ben?