Cantas ou non? segue co seu escenario itinerante instalado en Ribadavia, onde seis concursantes, acompañados polos presentadores Fran Cañotas e Noelia Rey, buscarán ser os mellores cantantes de karaoke para conseguir unha praza na final semanal. No segundo programa da semana veñen concursar desde Ourense, Davi e María; de Piñor de Barbadás, Iria; desde Pontevedra, Adrián; de Avión, Paula e desde Berán, Alba. Quen conseguirá pasar á final do venres? A verbena pona este ano Cantas ou non?, con tanta distancia de seguridade coma divertimento asegurado. A que soa ben?