Nesta entrega, chegan os problemas na relación de amor entre Inés e Daniel, interpretados por Raquel Espada e Rubén Riós. A ela preséntaselle a oportunidade de gravar un documental por sorpresa. A situación é incómoda e os amantes teñen que actuar con profesionalidade. A produtora ponlle pegas a todo, pero non lle queda máis remedio que confiar en que Daniel e Margarida fagan un bo traballo, xa que o futuro económico da súa empresa depende do proxecto que están a gravar.