Froito da colaboración que a CRTVG estableceu coa cadea pública portuguesa, este domingo verá a luz unha nova coprodución entre a Televisión de Galicia e a RTP: “Camiños de Irmandade”, unha serie bilingüe, en galego e portugués, en que dous peregrinos percorren o traxecto Lisboa-Fátima-Santiago. O protagonista é o actor galego Rubén Riós. “Camiños de Irmandade” é unha viaxe que levará os espectadores, a través da ficción, aos lugares que unen o Camiño de Santiago que arranca desde Lisboa ata Santiago, pero onde a trama acercará o espectador a lugares como Aveiro e descubrirá a unión que hai entre Galicia e Fátima. Na ​ficción, o personaxe de Daniel, interpretado por Riós, é un actor galego que ten que presentar e dirixir un documental sobre o Camiño Portugués porque a súa moza Inés (Raquel Espada) é a produtora do proxecto. Sen moito entusiasmo, Daniel viaxa a Lisboa sen a súa moza para comezar a rodaxe. Daniel debe partir dalgún lugar de Galicia e, debido a súa presenza dentro do Ca