"Cámara Gags" é un programa de humor baseado no coñecido formato de bromas feitas con cámara oculta. Un cadro amplo de actores percorre as rúas en busca de incautos, propoñendo situacións divertidas nas que estes reaccionen espontaneamente. Búscanse reaccións de sorpresa, incredulidade, culpa, alegría, enfado... de calquera tipo, son bromas pensadas para un público familiar coas que se poidan rir desde os máis pequenos ata os avós da casa. Cada peza ten unha duración media de dous minutos e medio e vai introducida por unha especie de representación mímica da broma que van desenvolver os actores. Ao rematar, as bromas péchanse con distintas reaccións da xente ao comunicarlle que acaba de ser gravada cunha cámara oculta. "Cámara Gags" son sketchs e humor non verbal cunha clara intención de universalidade, que se poden comprender independentemente do idioma no que se exprese cada espectador.