As mulleres do mar son máxicas, e entre elas as peixeiras. Traballo moi esforzado, moitas horas, comprando e vendendo peixe, e así foi a vida de Pili Guiance, polas lonxas do Grove ou Portonovo, e as Prazas de Abastos de Pontevedra e tamén Portonovo. Pero elas, sempre alegres, sorrindo e poñendo luz, e peixe á vida. Pili contaranos a súa vida, e tamén desa vida compartida falaremos con José Antonio Gómez, o seu home, e a súa filla Piliña.