Moncho Rivas leva anos dialogando co mar, empezou a facelo sen darse conta co mar como traballo, pero co paso do tempo o mar converteuse nunha filosofía de Vida. Para falarnos desta relación co mar de Moncho e tamén do seu traballo pola colectividade do porto de San Cibrao imos visitar a José Manuel Casas “Fontiña” amigo central na vida de Moncho, e a Antonio Basanta tamén amigo de importancia capital. Cos dous imos organizar nunha fermosa homenaxe na Adega de Ana Rolle, tamén amiga de Moncho.