A infancia de María Vázquez transcorreu na década do anos 40, un tempo difícil, e máis en pequenas aldeas como Caldebarcos no Concello de Carnota. Traballar a terra e o mar eran os únicos recursos e María traballou dende moi nena, con dez anos xa ía ao mar. María vainos contar a súa vida, e tamén as súas amigas María Martinez, que tamén é curmán que di que a María é a muller máis traballadora que coñece, e Olga Costa que recalca que María sempre se esforzou por saír adiante. Unha historia de mulleres que o traballo converteu en sabias donas do seu destino.