As mulleres de Rinlo saíron a gañarse a vida, no máis extenso sentido desta expresión, indo ás pedras do mar a apañar os percebes, sendo moi nova empezou Mari Carmen del Río, e xa pasou toda a súa vida neste oficio. E queremos homenaxeala porque co tempo converteuse nunha perceberia de referencia en toda a Mariña, e imos facelo coa axuda dos seus fillos, con Coté Fernández que herdou o seu oficio de percebeira, e Pedro Fernández, que compuxo unha canción a súa nai que hoxe é himno das percebeiras de Rinlo.