Manolo Vázquez naceu preto da praia de Gafa, e alí, nesa praia, comezou a entender o mar a comprendelo, a saber como traballalo, e xa nunca se apartou do mar nin de Portosin. Manolo da un gran valor a vivir no lugar onde naceu e traballar para melloralo. Un dos bos amigos de Manolo Vázquez é Jorge Rodriguez, que son da mesma xeración, a dos patróns que engrandeceron este porto, e Jorge vai falarnos sobre Manolo, como a súa filla Inés Vázquez, que é redeira e cose para o barco da casa “O Titán”, e aprendeu a coser as redes co seu pai.