Elegante e profunda nas súas formas e no seu falar atopamos traballando no cultiva da ameixa a Lolita García, que amosa unha paixón polo mar que transmite a todas as ordes da súa vida, porque en Lolita todo se produce de forma apaixonada, as veces unha paixón sosegada pera as veces axitada. E para falar das paixóns de Lolita imos ir ver a Cristian Brea que é o seu fillo, e aprendeu co ela a traballar a ameixa, e a Nellys Polo, tamén traballadora nos cultivos de ameixa e amiga de Lolita, polo que a coñece ben e vainos falar do seu carácter de muller valente.