Dedicamos o programa a Lola Domínguez que é mariñeira e traballou as bateas durante 34 anos. Pensamos nela porque fixo un traballo duro con toda a alegría posible, sempre feliz na batea. Porque o seu carácter fai dela unha muller moi positiva, que entre horas e horas na batea foi quen de criar catro fillos que a admiran. Da Lola familiar imos falar co seu irmán máis pequeno José Domínguez, que traballou o mar con ela, e logo pasou moito anos na pesca de altura. Celeste Piñeiro é, segundo di a propia Lola, a súa mellor amiga, e vainos falar da súa loita para dar vida en Bueu á música galega. E con eles imos facerlle homenaxe a Lola, porque nós tamén a queremos.