A ría de Vigo é lugar de bos mariñeiros que fixeron toda a súa vida de mar traballando nesta ría, como o caso de Julio Alonso, que foi patrón maior da Confraría de Vigo, e logrou notoriedade entre os mariñeiros de todos os portos da ría, polo seu carácter de liderado. Imos coñecer a súa vida no seu propio relato e co que nos contarán Verónica Cazorla, mariñeira que traballou con el e é a súa muller, e Vanessa Arias, tamén mariñeira con Julio Alonso, e a súa nora.